Turrón de guirlache
Este turrón é moi fácil de facer, na receita puxen dificultade media porque hai que ter moito coidado ao facer o caramelo, o mellor é non separarse da cociña ata que estea feito porque é moi fácil que se queime. Ademais hai que ter moito coidado ao manexalo xa que a temperatura que alcanza é moi alta. Salvo estas dúas precaucións é unha receita moi fácil. Outra cousa para ter en conta é que o turrón debe consumirse en pouco tempo xa que enseguida ponse pegañento.
Ingredientes:250 g de améndoa pelada sen sal, 250 g de azucre, 25 g de azucre invertido.
Elaboración: Poñer as améndoas nunha tixola onde non se amontonen e torrarlas a lume baixo.Cando as améndoas empecen a coller cor retiralas do lume e reservar.Poñer os azucres nun cazo a lume suave.Vixiar mentres se van quentando os azucre e se caramelizar.Ir controlando a temperatura e retirar do lume cando o caramelo chegue a 190ºC.Nese momento engadir as améndoas e remexer para que se cubran de caramelo.Pasar a mestura a moldes de silicona do tamaño e forma que se queira.Deixar arrefriar e sacar dos moldes.
Dificultade: Media
Tempo aproximado: 1 hora
Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
