Sopa de vaíñas de chícharos

Este ano recollín moitos chícharos da horta. Una vez debullados deume pena tirar as vaíñas, tiñan moi boa pinta, así que decidín probar a facer unha sopa moi sinxela con elas. O resultado foi moi bo, a sopa queda moi saborosa e está igual de rica quente que fría. Os chícharos crus están moi tenros e doces e melloran aínda maís a sopa.É importante cortar as vaíñas para que as fibras sexan máis curtas xa que poden atascar a coitela da batedora.
Ingredientes:1 cebola1 dente de allo1 póla, duns 10 cm, de apio500 g de vaíñas de chícharosAceite de oliva virxeAugaSalPementa negra moídaElaboración:Poñer dúas culleres de aceite a quentar nunha tarteira.Pelar e cortar a cebola en anacos medianos e botalos á tarteira.Engadir o dente de allo picado e a póla de apio cortada en anacos pequenos.Quitarlle as puntas duras ás vaíñas de chícharos e cortalas en dous ou tres anacos.Cando a cebola empece a estar transparente botar un litro de auga á tarteira e despois engadir as vaíñas de chícharos. Deixar cocendo uns 10 minutos. Vixiándo que non perdan a cor verde.Triturar todo nun vaso americano e pasar a mestura por un coador para retirar todas as fibras das vaíñas.Engadir sal e pementa negra ao gusto.Servir con chícharos crus e se se quere con anaquiños de xamón e queixo relado.Pode servirse quente ou fría. Dificultade: Moi fácilTempo de elaboración: 30 minutosAlérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )