Peras encurtidas
Encántanme os sabores agre doces, asà que receita que atopo, receita que intento facer.
Estas peras quedan deliciosas en ensalada, danlle un punto distinto, iso si, como levan bastante vinagre á ensalada só lle boto aceite e sal. AÃnda que non as probei penso que teñen que estar moi ricas acompañando a un queixo forte.
A primeira vez que as fixen deixei o xarope ao lume, e cando me lembrei atopei un bloque de carbón na tarteira, Esta vez non me separei da cociña ata que estivo feito. Sobroume parte do xarope e está gardado na neveira para aliñar algunha ensalada, creo que ten que ir moi ben, é moi aromático.
Ingredientes: 1 kg de peras, 500 ml de vinagre de viño branco, 500 g de azucre, 1 pau de canela, 5 cravos, 1 culleriña de pementa negra, 1 culleriña de pementa verde, 5 cm de xenxibre cortado en toros, a pel dunha laranxa.
Elaboración:
Poñer todos os ingredientes, agás as peras, nunha tarteira ao lume suave.Pelar as peras, quitarlles o carozo e cortar en cuartos.Cando o azucre estea totalmente disolto engadir as peras á tarteira.En canto as peras estean feitas e sen desfacerse sacalas da tarteira e reservar.Deixar ferver o lÃquido, a lume suave, ata ter un xarope.Poñer as peras nun bote de cristal e engadirlles o xarope. Pechar o bote e gardar na neveira. Canto máis tempo estean as peras no xarope máis saborosas estarán.
Dificultade: Moi fácilTempo aproximado: 30 minutosAlérxenos: Non ten
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Receitas saudáveis para almoço de dia das mães 2024
08-05-2024 04:33 - (
receitas gerais )
Melhores topos de bolo de dia das mães 2024: esse ano é o mais lindo
07-05-2024 04:31 - (
receitas gerais )