Xeado de toffee caseiro
Que rico é o toffee e ademais ben fácil de facer. De vez en cando fago un bote que, normalmente, non dura moito. Nesta ocasión decidín facer un xeado que será o último desta tempada, quedou moi rico e cremoso. O xeado tamén é moi fácil de facer así que aquí temos dúas receitas sinxelas e deliciosas.
Ingredientes:1 bote de leite condensado de 350 ml, 250 ml de leite evaporado, 125 ml de nata (35%)
Elaboración:
Poñer o bote de leite condensado nunha tarteira con auga. Quentar e deixalo ferver durante dúas horas controlando que a auga cubra totalmente, e sempre, o bote de leite condensado.Deixar arrefriar o bote sen abrilo, pode ser perigoso.Cando o bote estea a temperatura ambiente abrilo e poñer o toffee nunha tarteira co leite evaporado e a nata.Poñer a quentar a lume suave remexendo ata que o toffee se desfaga totalmente.Deixar arrefriar a mestura.Gardar na neveira ata o día seguinte.Pasar o preparado á máquina de xeados*.Gardar no conxelador. Para consumir sacar un pouco antes.
*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.
Dificultade: Moi fácilTempo aproximado: 2h e 30 minutos máis o repouso.Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
