Xeado de mandarina
O inverno non parece o momento máis axeitado para tomar xeados, con todo é cando as laranxas e mandarinas están máis saborosas así que hai que aproveitar se queremos facer xeados naturais.Nesta receita ademais de usar o zume de mandarina tamén engadín a polpa que quedou no espremedor, así o xeado ten moito máis sabor.
Ingredientes:325 g de leite condensado, 180 g de iogur grego, 100 ml de auga, 200 ml de zume de mandarina e a pulpa que quede no exprimidor.
Elaboración:Mesturar todos os ingredientes. Ademais de engadir o zume de mandarina engadir, tamén, a polpa da mandarina que quedou no espremedor.Remexer ata ter unha crema homoxénea, non bater a mestura para que non colla aire.Gardar na neveira ata o día seguinte.Pasar o preparado á máquina de xeados*.Gardar no conxelador. Para consumir sacar un pouco antes.
Dificultade: Moi fácilTempo aproximado: 1h máis o repouso.Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
