Xeado de chocolate do 70%
Agora que conseguín un estupendo chocolate do 70% (Barry Saint-Domingue) xa podo facer receitas que tiña na reserva. Neste caso a novidade da receita do xeado é que leva "crême fraîche". A receita é unha adaptación do blogue "Mercado Calabajío".
O xeado está moi rico, non demasiado doce e con todo o sabor do chocolate, os froitos vermellos acompáñanlle de marabilla.
Ingredientes:300 g de leche, 200 g de crême fraîche, 70 g de chocolate do 70% sen glute, 50 g de cacao puro en po sen glute, 90 g de azucre, 2 xemas de ovos.
Elaboración:Poñer a quentar o leite e a crême fraîche, remexer para que se mesturen ben sen que cheguen a ferver.Cando estea ben mesturado o leite e a crême fraîche retirar do lume e engadir o cacao en po, remexer ata que estea mesturado.Engadir o chocolate e remexer ata que estea mesturado.Mesturar as xemas de ovo e o azucre.Botar un pouco da mestura de chocolate sobre as xemas co azucre para conseguir unha mestura máis líquida.Botar a mestura de xemas á mestura de chocolate e volver a poñer ao lume.Remexer continuamente ata que chegue a uns 85ºC. Retirar do lume. Neste momento a mestura ten que ter a consistencia dunha crema lixeira.Arrefriar rápido e deixar repousar no frigorífico entre 12 e 24 horas.Pasar o preparado á máquina de xeados*.Gardar no conxelador. Para consumir sacar un pouco antes do conxelador.
*Pode facerse sen máquina metendo a mestura no conxelador ata que empece a conxe...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
