Torta de chocolate negro e améndoa

Chocolate por partida dobre, e por enriba unha receita ben fácil, que máis se pode pedir" Aínda que nunca se fixera unha torta seguro que esta sae ben xa que a receita non ten ningunha dificulta, eso sí, ten gustar o chocolate negro.
Coas cantidades da receita é mellor empregar un molde pequeno para que quede un biscoito un pouco máis alto.
Ingredientes:100 g de manteiga, 150 g de chocolate negro para fundir, 125 g de azucre branco, 125 g de améndoa moída, 4 ovos, 1 sobre de impulsor químico. Para a cobertura: 200 g de nata para montar, 200 g de chocolate negro para fundir, 50 g de manteiga.
Elaboración:
Separar as claras das xemas.Poñer nun cazo os 100 g de manteiga e os 150 g de chocolate, fundir a lume suave.Bater as claras a punto de neve e reservar.Bater as xemas co azucre.Cando as xemas estean cremosas engadir o chocolate fundido coa manteiga, bater ata que estean ben mesturadas.Engadir as claras a punto de neve remexer suavemente ata que estean ben mesturadas.Engadir a améndoa moída e o impulsor químico, remexer ata ter unha mestura homoxénea.Quentar o forno a 180ºC.Pasar a mestura a un molde desmontable duns 20 cm de diámetro. Se o molde é de metal distribuir un puco de manteiga e cubrir de amidón de millo o interior para que non se pegue.Meter o molde no forno uns 30 minutos.Para facer a cobertura poñemos a quentar a nata ata que ferva.Retiramos do lume e engadimos o chocolate troceado e a manteiga.Remexemos ata ter unha crema homo...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )