Tomates pasificados con queixo e aceite de albáfega
Hai tempo que fixen unha receta similar cuns tomate cherry e o outro día, comendo nun restaurante, volvín a tomar os tomates pasificados, ou case secos, e lembrei o moito que me gustaban, así que busquei a vella receita e aquí están. Neste caso utilicei tomate kumato dos que tiña moitos na horta.
O queixo do cebreiro gústame moitísimo e pensei que quedaría moi ben con estes tomates. O aceite de albáfega dálle un punto máis fresco. O conxunto quedou moi rico. Antes de que se acaben os tomates teño que repetir.
Ingredientes:1 kg de tomates, 20 g de xenxibre fresco, 2 litros de auga, 300 ml de salsa de soia, 600 g de azucre, 15 g de albáfega, aciete virxe extra dunha variedade suave (arbequina, koroneiki,...),queixo do cebreiro ao gusto, sal Maldon.
Elaboración:Para os tomates
Cortar en cruz un pouco da pel dos tomates. Poñer auga a ferver e escaldar os tomates 1 minuto.Pasalos a auga fría e quitarlles a pel.Poñer os dos litros de auga, a salsa de soia e o zucre a ferver.Cando estean fervendo engadir os tomates e esperar a que volvan a ferver.Retirar do lume e deixar os tomates no líquido durante dúas horas.Pasar os tomates a un coador e deixalos repousar 1 hora.Quentar o forno a 100ºC.Poñer os tomates nunha bandexa para o forno e metelos durante 5 horas.Sacar do forno e reservar.
Aceite de albáfega
Poñer auga a ferver e engadir a albahaca durante un minuto.Pasar a albáfega a auga fría.Secala entre papeis de cociña...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
