Tacos de solombo de porco

Ademais de gustarme moito, os tacos parécenme unha comida moi versátil, en realidade pódense facer case de calquera cousa. Neste caso preparei un solombo de porco con salsa de soia e mel que quedou moi saboroso, repetirei a receita aínda que non o sirva para facer tacos. A maior dificultade da receita é facer as tortillas de millo, pero poden comprarse en calquera supermercado e así a dificultade da receita é mínima.Se se fan as tortillas de millo pode cociñarse a carne o día anterior para non ter tanto traballo no mesmo día.A cantidade de chile ou de coandro que se use na receita dependerá do gusto de cada un.
Ingredientes:1 solombo de porco1 cebola morada4 culleres de salsa de soia sen glute e baixa en sal4 culleres de mel1 dente de allo2 anacos de xenxibre de medio centímetro de grosor2 limas1 laranxa1 aguacate2 chiles "jalapeños"Unhas follas de coandro segundo o gustoAceite de oliva virxeSalTortillas de millo segundo o número de comensaisElaboración:O día anterior poñer o solombo nun recipiente coa salsa de soia, o mel, o dente de allo picado, media cebola en tiras e os anacos de xenxibre.Poñer un pouco de aceite de oliva nunha tarteira a lume alto.Dorar o solombo de porco por todos os lados. Engadir o adobo á tarteira, sen os anacos de xenxibre, e baixar o lume. Deixar cociñar ao lume lento ata que a carne estea tenra. Se é necesario engadir un pouco máis de salsa de soia.Mentres se cociña a carne picamos a metade da cebola en ana...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )