Sorbete de plátano
Esta receita case non é unha receita, é tan fácil, tan fácil que dubidei se publicala ou non. É unha forma estupenda de aproveitar os plátanos que xa están excesivamente maduros e que, polo menos a min, xa non nos apetece comer.
Encántame comer plátano acompañado dun anaco de chocolate, así que me parece que o chocolate, de diferentes maneiras, salsa, relado, etc... é perfecto par acompañar este sorbete.
O puré de plátanos maduros queda tan cremoso que o resultado é como un xeado, aínda que en realidade non leva ningunha graxa e por tanto é un sorbete.
Ingredientes: Plátanos moi maduros, azucre ao gusto, chocolate relado para acompañar.
Elaboración:Pelar e quitarlle as fibras aos plátanos.Poñelos na batedora e facer un puré fino.Probar e engadir un pouco de azucre se é necesario.Pasar o puré á máquina de xeados*.Gardar no conxelador. Para consumir sacar un pouco antes.
*Pode facerse sen máquina metendo o puré no conxelador ata que empece a conxelar, entón sácase e bátese, repítese esta operación ata que o xeado quede cremoso.
Dificultade: Facilísimo.Tempo aproximado: 30 minutos.Alérxenos:Non contén
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
