Sopa de cogomelos
Unha sopa rica, rica e moi fácil de cociñar. Atopei a receita en "Claudia&Julia", para que sexa sen glute eliminei o pan da receita orixinal. Tamén lle botei más champiñóns e non lle botei romeu porque non tiña. Usei os últimos tomates da horta da variedade azul e negra, moi maduros. O caldo empregado foi de polo, a próxima vez usarei de vexetais.
Quedou un sopa riquísima que a partir de agora seguro que farei con moita frecuencia.
Ingredientes:100 g de champiñóns, 100 g de cogomelos shiitake, 2 cebolas pequenas, 2 dentes de allo, 2 polas pequenas de apio, 400 g de tomate, 1 litro de caldo vexetal ou de polo, unhas poliñas de tomiño, aceite de oliva virxe.
Elaboración:
Picar a cebola en anacos moi pequenos. Poñer a cebola nunha tixola cun pouco de aceite. Cociñar a lume suave ata que estea transparente.Engadir os dentes de allo moi picados.Engadir os champiñóns picados en anacos pequenos. Remexer e deixar que todo siga cociñándose despacio un 5 minutos.Engadir os cogomelos shiitake picados en anacos moi pequenos. Remexer e seguir cociñando.Engadir o apio cortado en anacos finos.Cortar os tomates pelados en cubos dun cm de lado e engadilos á tixola.Deixar a tixola ao lume e remexer.Despois duns 5 minutos pasar o contido da tixola a unha tarteira e engadir o caldo e o tomiño.Deixar que ferva durante uns 20 minutos.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 45 minutos.
Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
