Roliños de atún con obleas de arroz
Despois deste parón unha receita moi fácil para tomar como aperitivo ou entrante. Con poucos ingredientes e en pouco tempo podese elaborar esta receita na que, en realidade, practicamente non se cociña.
Ingredientes:150 g de atún en conserva, 1 ovo cocido, 2 ou 3 culleres de salsa de tomate, unha presa de aceitunas negras, 12 obleas de arroz pequenas.
Elaboración:
Esmiuzar o ovo cocido e o atún, mesturalos.Picar as aceitunas e mesturar co atún e o ovo.Engadir a salsa de tomate, mesturar ata ter unha pasta.Poñer as obleas, de unha en unha, en auga ata que estean brandas.Poñer a oblea sobre un pano limpo, colocar duas culleriñas da mestura sobre a oblea e pechala facendo un rolo.Repetir ata acabar a mestura.Colocar os roliños nunha fonte de forno untada cun pouco de aceite.Acender o grill do forno a 200ºC.Pintar os roliños con ovo batido.Meter no forno ata que estean torrados.
Dificultade: Moi fácil.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Conheça o sanduíche que o “pai do chris” provou aqui em são paulo
13-05-2024 04:50 - (
receitas gerais )