Raviolis: pasta de espinacas, recheo de requeixo
Un dos problemas de non poder tomar glute é que o tipo de pasta que se pode comer está moi limitado. Elaborar pasta fresca sen glute é complicado, esta receita está lixeiramente modificada sobre unha que vin o outro dÃa nun vÃdeo. Neste caso a masa é sinxela e a maior dificultade é estirala moi fina para facer os raviolis, probablemente a próxima vez tentarei facela aÃnda un pouco máis fina. A verdade que os ravioles, acompañados da bechamel, como indico na suxestión do final, estaban moi ricos asà que seguirei experimentando con outro tipo de masa e de recheos.
Ingredientes:Para a pasta50 g de amidón de millo50 g de fariña de trigo sarraceno 1 ovo3 g de Psyllium3 g de xantana40 g de espinacas conxeladas1 dente de allo pequeno1 culleriña de aceite de oliva Fariña de arroz para estirar a masaPara o recheo200 g de requeixoUn chisco de salPementa negra moÃda ao gusto Elaboración:Deixar desconxelar as espinacas.Poñer nunha tixola o aceite e o dente de allo moi picadiño, deixar facer a lume medio baixo.Cando o allo empece a coller cor botar as espinacas e remexer, deixar cociñar uns minutos.Facer un puré coas espinacas, se é necesario engadir un pouco de auga.Mesturar o resto de ingredientes da pasta engadindo 35 g de puré de espinacas. Amasar ata ter unha masa elástica.Deixar repousar uns 30 minutos.Estender a masa sobre unha superficie enfariñada con fariña de arroz.Hai que conseguir un rectángulo cun espesor dun milÃm...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Não faça essas receitas de almoço se você tem colesterol alto
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )
Como montar café da manhã na cama para esposa
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )