Pudin rápido de mazá
Encántame as tortas de mazás e esta pareceume tan fácil que tiña que facela. É moi , moi fácil de facer, a preparación dos ingredientes non leva máis de 15 minutos. O resultado é parecido a un flan cheo de mazá que resulta moi saboroso.
Ingredientes:4 mazás medianas tipo "reineta", 3 ovos, 45 g de amidón de millo, 40 g de améndoa moÃda, 120 g de azucre, 375 g de nata (33%)
Elaboración:
Quentar o forno a 175ºCMesturar todos os ingredientes agás as mazás.Pelar as mazás e cortalas en anacos desiguais.Encher un molde* cos anacos de mazás.Engadir a mestura do resto de ingredientes, esta mestura non ten que cubrir totalmente os anacos de mazás.Meter no forno durante 1 hora e 15 minutos.Cando a superficie da tarta empece a torrarse tapala cun papel de alumnio e deixar que siga cocendo.Transcorrido o tempo pinchar a tarta para comprobar que estea feita.Sacar do forno e deixar arrefriar. * Se o molde é desmontable forralo con papel de forno.
Dificultade: Moi fácilTempo aproximado: 1h e 30 minutos máis o repouso.Alérxenos:
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Cortando o açúcar: 4 receitas de lanches saudáveis com frutas
04-05-2024 04:45 - (
receitas gerais )
Receitas de frango para dia das mães: almoço ou janta, acertará
04-05-2024 04:45 - (
receitas gerais )