Petit Choux de crema
Estes pasteis encantábanme de nena. Sempre tomaba primeiro o glaseado de chocolate e cando xa tiña "limpo" o pastel, comíame o resto. Pero é o que ten ser celíaca é que ou fas ti os pasteis ou tes que esquecerche deles. Así que ao choio e aquí están. De cando en vez hai que darse un capricho
Ingredientes:Masa choux: 2 ovos, 50 g de manteiga, 100 ml de auga, 63 g de amidón de millo, un chisco de sal
Crema pasteleira: 2 xemas de ovos, 250 ml de leite, 60 g de azucre, 25 g de amidón de millo, 1 pau de canela, a pel dun limón.
Glaseado de chocolate: 100 g de chocolate negro, 50 g de manteiga, 50 g de nata (35%)
Elaboración:Masa choux:
Poner a fever a auga, a manteiga e o chisco de sal.Cando empece a ferver engadir, dunha vez, o amidón de millo. remexer con varillas para que non queden grumos.Deixar arrefriar un pouco a masa e ir engadindo os ovos un a un. Estes pasos poden facerse coa batedora e será maís fácil que non se formen grumos.Deixar arrefriar completamente a masa e pasala a unha manga pasteleira.Poñer papel sulfurizado sobre unha fonte de forno. Distrubiir a masa en pequenas porcións ben separadas entre elas.Meter ao forno durante 15 minutos a 200ºC.Apagar o forno e deixar os pasteliños dentro sen abrir o forno ata que estea temperado, xa que os pasteliños baixarán se arrefrían moi rápido.
Crema pasteleira:
Mesturar as xemas o azucre eo amidón de millo, engadir un pouco de leite frío.Quentar o resto do leite xunto...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
