Marmelo

Chega o outono e chega o marmelo. Este doce non é nada dificil de facer pero si que é un pouco laborioso. Para pelar e quitarlle o carozo aos marmelos, creo que o mellor é cocelos primeiro, se non da moito traballo xa que é unha froita moi dura. Un pouco de ciencia. Unha das características principais do marmelo é que contén moita pectina, ao igual que as mazás e os cítricos. A pectina é un polímero (heteropolosacárido) que está presente nas paredes das células vexetais. É una molécula xelificante, o xel é o que dá a consistencia adecuada ás marmeladas e ao doce de marmelo. Parécese ás proteínas na súa estrutura que é un fío longo con moitos grupos ácidos. Ao cocer a froita, co azucre, as moléculas de pectina sepáranse pola rotura das paredes celulares, para formar un xel as moléculas deben unirse formando unha rede tridimensional, isto conséguese mellor nun medio ácido, por iso, en moitas ocasións, a obter a consistencia adecuada axuda engadir un pouco de zume de limón, sobre todo cando as froitas non son ácidas. Ingredientes:3 kg de marmelos1,25 kg de azucre1 limón
Elaboración:Lavar os froitos.Poñelos nunha tarteira e cubrilos con auga. Poñer a tarteira ao lume a ferver.Deixar fervendo durante uns 40 minutos.Sacar os marmelos da auga e deixalos arrefriar.Cando estean mornos pelalos e sacarlles o corazón.Pasar a pulpa pola batedora.Poñer o puré de marmelo, o azucre e o zume do limón nun...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )