Marmelada de paraguayos
A marmelade de pexego é das máis comúns con todo a de paraguayos nunca a vín. É unha froita que me gusta moito, así que decidín aproveitar que agora están ben de prezo, para probar a marmelada. O resultado é unha marmelada moi aromática, resúltame deliciosa. A cantidade de azucre pode axustarse dependendo do grao de madurez da froita.
Ingredientes:1,5 kg de paraguayos maduros, 600 g de azúcre, o zume dun limón.
Elaboración:
Lavar e cortar a froita en anacos pequenos. Poñela nunha tarteira.Engadir o zume de limón e o azucre, deixar repousar ata o día seguinte.Poñer a tarteira ao lume suave e deixar que ferva remexendo de cando en cando.Cando acada unha temperatura de 105ºC é que a marmelada está feita.Apagar o lume, deixar arrefriar a marmelada e pasala a botes de cristal ben limpos.Pechar os botes e poñelos ao baño maría durante uns 40 minutos (usando botes de 250 ml aprox).Etiquetar os botes indicando o contido e a data de envasado.
Dificultade: Moi fácil.
Tempo aproximado: 3 horas máis o repouso desde o día anterior.
Alérxenos:
Non contén
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Segredos para tirar fungos de horta: salve suas plantas com o que tem em casa
28-04-2024 04:30 - (
receitas gerais )
Esse produto vai salvar todas as suas roupas e deixar cheirosas
28-04-2024 04:30 - (
receitas gerais )