Madalenas de fariña de arroz
Hai tempo que quero utilizar fariña de arroz nalgúns postres. Empezamos con estas madalenas baseadas na receita de Xavier Barriga. O que máis me gustou da receita e que se utiliza aceite de oliva en vez de manteiga, e asà non produce tantos remorsos comelas. Quedaron moi ricas e realmente son fáciles de elaborar asà que penso que van convertirse na receita de "cabeceira" para madalenas.
Ingredientes:3 ovos medianos, 125 g de azucre, 210 g de fariña de arroz sen glute, 60 ml de leite enteiro, 100 ml de aceite de oliva virxe extra variedade arbequina, u chisco de canela, a pel relada dun limón, 10 g de impulsor quÃmico sen glute.
Elaboración:
Bater os ovos co azucre.Cando estean brancos engadir a fariña, o impulsor, a canela e a pel de limón. Mesturar todo suavemente.Engadir o leite e mesturar ata que estea incorporado.Engadir o aceite e mesturar.Deixar repousar a mestura na neveira 24 horas.Quentar o fornor a 250ºC.Encher os moldes de madalenas ata 2/3 da capacidade. Botarlles un pouco de azucre por enrriba.Baixar o forno a 210ºC e meter as madalenas, deixar que se fagan ata que estean douradas, uns 15 minutos.
Dificultade: Moi fácil.
Tempo aproximado: 40 minutos máis o repouso.
Alérxenos:
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Cortando o açúcar: 4 receitas de lanches saudáveis com frutas
04-05-2024 04:45 - (
receitas gerais )
Receitas de frango para dia das mães: almoço ou janta, acertará
04-05-2024 04:45 - (
receitas gerais )