Iogur grego

Para obter iogur é necesario que se produza a fermentación da lactosa, que se transforma en ácido láctico, esta fermentación a realizan bacterias. Podemos obter as bacterias de un iogur. a outra cuestión importante é a temperatura, non pode ser máis alta de 46ºC, porque entonces morreran as bacterias, polo demás o proceso é ben simple.
Unha vez feito o iogur se o que se quere é iogur tipo grego, haberá que separar unha parte do suero para ter un iogur máis cremoso.
Eu fago o iogur nun baño maría de temperatura controlada (sous vide), pero pode facerse no forno.
Ingredientes:1 litro de leite fresco ecolóxico, 1 iogur natural ecolóxico.
Elaboración:Mesturar o iogur e o leite.Poñelos nun recipiente dentro de un baño maría coa temperatura controlada a 45ºC e deixalo durante 8 horas.Despois deste proceso xa está feito o iogur.Para conseguir iogur tipo grego, pasar o iogur a un pano fino e deixar que filtre durante dúas horas na neveira.Se despois dese tempo aínda non ten a consistencia desexada deixalo outras dúas horas.Gardar o iogur en frascos de cristal.Os iogures terán mellor consistencia e sabor ao día seguinte.
Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 10 horas
Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )