Hamburguesas de garavanzos con crema Feta
Cun bote de garavanzos, e pouco máis, podemos elaborar unhas "hamburguesas" vexetarianas moi ricas e moi fáciles de cociñar. Se queremos preparalas con antelación non hai ningún problema pódese gardar a pasta na neveira e mesmo conxelala . Quedan moi ricas acompañadas coa crema de queixo Feta, e tamén lles vai ben calquera salsa picante.
Ingredientes:Hamburguesas400 g de garavanzos cocidos100 g de arroz integral cocido10 g de follas de cilantro fresco1 cebola morada, pequena3 dentes de allo50 g de fariña de garavanzo1 culleriña de comiño moÃdo1 culler de aceite de olivaPementa negra moÃda e sal ao gustoCrema Feta50 g de queixo Feta75 g de iogur gregoSal e pementa ao gustoElaboración:Poñer todos os ingredientes nun procesador de alimentos e triturar ata ter unha pasta homoxénea.Deixar a pasta na neveira repousando. Canto máis tempo estea repousando mellor, como mÃnimo deixala 15 minutos.Acender o forno a 180ºCFacer unhas 8 porcións iguais e darlles forma de hamburguesas.Quentar un pouco de aceite, nunha tixola, a lume medio-alto e dourar as hamburguesas polas dúa caras.Colocalas nunha fonte de forno con papel sulfurizado e fornear durante 15-20 minutos.Para a crema de Feta mesturar, na batedora, todos os ingredientes.Servir as hamburguesas coa crema Feta , cebola morada e algunha salsa picante.
Dificultade: FácilTempo aproximado: 50 minutos máis o tempo de repouso.Alérxenos:
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Melhores marcas de sanduicheiras para escolher as mais úteis
20-05-2024 04:31 - (
receitas gerais )
4 receitas de creme de macaxeira criativas: para amar todas
20-05-2024 04:31 - (
receitas gerais )