Galletas holandesas
					De cando en vez teño ganas de facer os doces que me encantaba comprar nas pastelarías. A galletas holandesas é un deses. A adaptación da receita, para facelas sen glute, é moi fácil e a receita tamén o é. Neste caso usei fariña de arroz integral pero creo que con fariña de arroz tamén quedarían moi ricas. A próxima vez deixarei parte da masa no conxelador para facelas en calquera momento que me apetezan.
Ingredientes:300 g de fariña de arroz integral150 g de manteiga fría en anacos pequenos70 g de azucre glass2 xemas de ovo25 g de leite frío1 culleriña de impulsor químicoAzucre glass para decorar
Elaboración:Poñer todos os ingredientes na batedora e bater ata ter unha masa homoxénea.Envolver a masa en film e deixala repousar na neveira uns 15 minutos.Acender o forno a 180ºC con calor arriba e abaixo.Estirar a masa ata que teña un grosor de aproximadamente 0,5 cm.Cortar as galletas cun corta pastas e poñelas, sobre papel sulfurizado, nunha bandexa de forno.Meter no forno durante uns 12 minutos ou ata que os bordos das galletas estean torrados.Sacalas do forno e deixar arrefriar.Botar azucre glass por enriba.Se non se queren facer todas as galletas a masa pode gardar no conxelador. Dificultade: Moi fácilTempo aproximado: 45 minutosAlérxenos:
...
							Fonte de notícias:							
								receitas para todos os dias							
						
						
							URL : 							
								http://receitasparatodososdias.blogspot.com/							
						
					| -------------------------------- | 
| 
							 | 
					
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
								30-10-2024 03:08								- ( 
									receitas gerais								 )
							
						