Galletas de limón con fariña de garavanzos
A primeira vez que fixen estas galletas engadín 110 g de azucre pareceume que quedaron un pouco doces demais, esta segunda vez puxen 90 g, para o meu gosto están mellor. Na receita orixinal utilizábase manteiga pero son moito máis saudables con aceite de oliva, usándose unha variedade suave quedan moi ben. A fariña de garavanzo sabe moito na masa en cru, pero unha vez cociñadas o sabor é moi suave.
Ingredientes: 1 ovo, 1 limón, 90 g de azucre moreno, 6 culleres de aceite de oliva virxe extra (variedade arbequina ou calquera outra suave), 70 g de fariña de garavanzos, 150 g de amidón de millo, 1 culleriña de impulsor.
Elaboración:
Mesturar o aceite de oliva, o azucre, a pel do limón relada e 6 culleriñas de zume de limón.Engadir o ovo e mesturar.Engadir a fariña de garavanzos, o amidón de millo e o impulsor, mesturar, primeiro cunha culler, e terminar amasando coas mans.Facer unha bóla coa masa e envolvela en film, gardala na neveira unha hora.Despois da hora acender o forno a 180ºC.Sacar da neveira e facer unhas boliñas como de 2 cm de diámetro, poñelas na bandexa do forno, cuberta con papel sulfurizado.Aplastar lixeiramente as boliñas e meter a bandexa no forno.Deixar cocer uns 15 minutos ou ata que as galletas empezen a dourarse.Sacalas do forno e deixalas arrefriar antes de gardalas nunha lata.
Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 30 minutos máis o repouso.
Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Segredos para tirar fungos de horta: salve suas plantas com o que tem em casa
28-04-2024 04:30 - (
receitas gerais )
Esse produto vai salvar todas as suas roupas e deixar cheirosas
28-04-2024 04:30 - (
receitas gerais )