Flan de leite condensado
Nada máis clásico que un flan, pero a quen no lle gusta" Este está feito con leite condensado e leite evaporado aromatizados con canela e pel de limón, queda moi saboroso. A receita non ten ningunha dificultade, pero eso si coidado á hora de facer o caramelo que pode superar os 160ºC.
Ingredientes:1 bote pequeno de leite condensado (350g), 4 ovos, 500 ml de leite evaporado, 200 g de azucre, 1 pau de canela, a pel dun limón.
Elaboración:Poñer a quentar o leite evaporado xunto co pau de canela e a pel de limón.Cando empece a ferver retirar do lume e deixar ata que estea morno.Mesturar co leite condensado.Bater os ovos e engadilos á mestura anterior.Poñer nun cazo os 200 g de azucre e quentalos a lume medio ata que se faga un caramelo escuro.Pasar o caramelo aos molde,s ou molde, nos que se quere facer o flan, repartilo polo fondo xirando o recipiente.Acender o forno a 150ºC.Coar a mestura de leite e ovos e repartila nos moldes.Meter os molde ao forno nunha bandexa con auga.Dependendo do tamaño dos moldes os flans estarán despois de 40 ou 60 minutos. Para comprobar que están feito introducir un coitelo, se sae limpo é que están listos.
Dificultade: Fácil.Tempo aproximado: 90 minutos.Alérxenos:
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Melhores marcas de caixa de chocolate de 2024: mais vendidas
17-05-2024 04:32 - (
receitas gerais )
Roletas de doces e salgados: a diversão de festas e reuniões
17-05-2024 04:32 - (
receitas gerais )