Filloas de chocolate con coulis de froitos vermellos
Chegou o entroido e o momento de facer filloas, aÃnda que a min gústanme tanto que as fago en calquera época do ano. Tiña ganas de probalas de chocolate e por outro lado tiña ganas de facer algo con froitos vermellos asà que xa está, combinación perfecta¡¡ É unha receita ben fácil o único que hai que ter en conta que as filloas canto máis finas mellor. Como as fariñas sen gluten espesan de maneira diferente, segundo a que se utilice igual hai que engadir un pouco máis de auga e leite. A masa ten que quedar como unhas natas lixeiras e escorregar ben pola filloeira.
Recén feitas, é como están maÃs ricas¡
Ingredientes:Para as filloas:2 ovos, 100 g de fariña de repostarÃa sen glute (nesta receita utilizouse a marca Adpan), 150 g de leite, 150 g de auga, 25 g de cacao puro en pó, 50 g de azucre, un pouquiño de manteiga para untar a filloeira.
Para o coulis: 340 g de froitos vermellos variados, 60 g de auga, 30 g de zume de limón, 90 g de azucre.
Ademais: Froitos vermellos variados para servir coas filloas.
Elaboración:Para as filloas:Bater os ovos, engadir a fariña, o caco, o leite e a auga, remexer ben. Se queda algún grumo coar a mestura.Poñer ao lume a filloeira, untar cun pouquiño de manteiga.Cando a filloeira estea ben quente botar un pouquiño da mestura inclinándoa para que a filloa quede fina.Cando os bordos da filloa empezan a estar feitos, dar volta deixar uns segundos, despois pasar a filloa a un prato.Repetir ata terminar ...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Marcas de arroz que foram retiradas com urgÊncia pela anvisa das prateleiras
18-05-2024 04:32 - (
receitas gerais )
Receitas de chás para controlar o açúcar no sangue de forma deliciosa
18-05-2024 04:32 - (
receitas gerais )