Espinacas cremosas con edamame e froitos secos
Ás veces vas deixando restos de paquetes de produtos conxelados e un día decides usalos todos para unha receita, esta é deste tipo. Hoxe no conxelador había espinacas e vaíñas de edamame . Tamén tiña, na despensa, un paquete aberto de froitos secos e outro de uvas pasas, con todo isto ocorréuseme facer estas espinacas cremosas. Unha receita moi fácil e moi saborosa.
Ingredientes:500 g de espinacas conxeladas300 g de vaiñas de edamame conxelado1 cebola mediana1 dente de allo2 culleriñas de amidón de millo150 ml de nata para cociñar50 g queixo parmesano relado100 g de froitos secos variadosUnha presa de uvas pasasPementa negraNoz moscadaSalAceite de oliva virxe
ElaboraciónDesconxelar as espinacas e vaíñas de soia (edamame ).Abrir as vaiñas de soia e sacar as sementes, reservar.Picar a cebola e poñela nunha tarteira cun pouco de aceite, engadir o allo picado.Deixar que se poche a cebola e o allo a lume suave.Triturar os froitos secos, poñelos nunha tixola a lume suave, cando empecen a torrarse lixeiramente sacalos do lume e reservar.Cando a cebola estea transparente engadir as uvas pasas e deixar que se cociñen uns minutos.Engadir as espinacas e o edamame .Botar o amidón de millo e remexer. Engadir a nata e remexer outra vez.Deixar ao lume suave, engadindo a pementa,a noz moscada e o sal.Despois duns minutos probar e rectificar de sal se é necesario.Botar a unha fonte que poda meterse no forno.Estender por enriba o queixo relado e os froitos secos...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Não faça essas receitas de almoço se você tem colesterol alto
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )
Como montar café da manhã na cama para esposa
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )