Curry de coliflor e tofu
Ultimamente estou a buscar receitas con tofu que teña moito sabor, xa que o tofu é totalmente insípido, polo menos o que podo comprar eu. O curry está cheo de sabor e é versátil en canto ás especias que se poden utilizar. É unha receita sinxela que se pode preparar con antelación. Pode facerse exactamente a mesma receita sen utilizar o tofu, estará igual de rica.
Ingredientes:Media coliflor mediana275 g de tofu firme2 dentes de allo1 anaco de xenxibre duns 2 cm200 g de tomate triturado400 ml de leite de coco1 culleriña de coandro triturado1 culleriña de comiño triturado1 culleriña de curry1 culleriña de cúrcuma en poMedia culleriña de chile seco trituradoUns 2 cm de pau de canelaUnha presa de anacardos naturaisSalAceite de oliva virxeUnhas follas de coandroUns anacos da parte verde dunha cebolleta. Elaboración:Unhas horas antes de empezar a preparación envolver o anaco de tofu con papel de cociña e poñer enriba un peso para que perda auga.Cortar a coliflor en anacos , cortar o tofu en anacos.Poñer a coliflor e o tofu nunha fonte de forno, botarlles un pouco de aceite e metelos no forno a 160ºC ata que collan un pouco de cor torrado.Poñer un pouco de aceite nunha tarteira a lume medio.Engadir o pau de canela e os anacardos.Cando os anacardos empezen a torrar engadir os dentes de allo e o xenxibre triturados e o resto das especias.Agregar o tomate, remexer e deixar cociñar uns minutos.Botar á tarteira a coliflor e ...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
| -------------------------------- |
|
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )
