Curri de cabaza e boniato
Cada vez interésanme máis os pratos vexetarianos. Este curri é moi fácil de cociñar e gustoume moito. Pode conxelarse, asà que é destas receitas que cando as cociñas fas máis cantidade para telas no conxelador, listas para calquera momento.
Ingredientes:1 cebola morada, 2 chiles vermellos frescos*, 50 g de xenxibre fresco, 2 dentes de allo pelados, 15 g de cúrcuma fresca, 1 cabaza mediana cortada en cubos, 1 boniato pelado e cortado en cubos, 1 lata de tomate natural cortado, 1 lata de leite de coco, sal ao gusto, 1 culleriña de cilantro en po, media culleriña de canela en po, aceite de oliva virxe extra.
*a cantidade de chile dependerá do que guste o picante.
Elaboración:
Triturar a cebola, os chiles, o xenxibre, o allo, e a cúrcuma, ata ter unha pasta. Engadir o cilantro e a canela en pó.Poñer, ao lume, dúas culleres de aceite nunha tarteira Cando o aceite estea quente engadir a pasta anterior e remexer durante uns dous minutos.Engadir o leite de coco e os tomates. Cando todo empece a ferver engadir os anacos de cabaza e boniato. Engadir sal ao gusto e remexer.Deixar fervendo suavemente ata que a cabaza e os boniatos estean cocidos, uns 40 minutos.Servir con arroz e pódese acompañar con cilantro fresco e zume de lima.
Dificultade: Fácil.
Tempo aproximado: 50 minutos.
Alérxenos: No contén.
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Não faça essas receitas de almoço se você tem colesterol alto
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )
Como montar café da manhã na cama para esposa
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )