Crema frÃa de lentellas vermellas
Buscando maneiras de seguir comendo legumes no verán ocorréuseme esta crema frÃa de lentellas, usei a variedade vermella porque cocen moi rápido o que diminúe o tempo de elaboración. Creo que quedarÃa ben con calquera outra variedade.
A crema lembra a un gazpacho pero as lentellas danlle un pouco máis de corpo e fana máis cremosa.
Se non se atopan tomates moi maduros usar tomate enteiro de bote.
Ingredientes:250 g de lentellas vermellas, 2 dentes de allo, 1 cebola mediana, 1/4 de pemento morrón, 1 pemento verde tipo Arnoia, 2 tomates moi maduros ou unha lata pequena de tomate enteiro, sal, aceite de oliva virxe extra, vinagre de viño branco ao gusto, cilantro picado ao gusto.
Elaboración:
Poñer a cocer as lentellas xunto cos dentes de allo e un pouco de sal. Engadir a auga necesaria para que cando estean cocidas non queden secas, pode ir engadÃndose auga a medida que cocen.Cando as lentellas estean cocidas pasalas á batedora xunto coa auga da cocción.Se se utilizan tomates frescos, escalfalos para quitarlles a pel e cortalos en anacos, eliminando a parte máis dura antes de poñelos na batedora.Se se utilizan tomates enteiros de lata engadilos directamente á batedora.Engadir á batedora o resto de ingredientes e bater ata ter unha crema suave.Probar, e rectificar o sal e o vinagre.Deixar que a crema arrefrÃe na neveira e servir.
Dificultade: FacilÃsima.
Tempo aproximado: 40 minutos.
Alérxenos:
Non contén
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Melhores marcas de caixa de chocolate de 2024: mais vendidas
17-05-2024 04:32 - (
receitas gerais )
Roletas de doces e salgados: a diversão de festas e reuniões
17-05-2024 04:32 - (
receitas gerais )