Crema de grelos con requeixo e noces
Encántame as cremas de verduras e, a verdade, nunha se me ocorrera facer crema de grelos, asà que habÃa que probala.
Os grelos son moi amargos, por iso hai que fervelos en dúas ou tres augas para suavizalos, hai quen os prefire con todo o seu sabor amargo, a min gústanme máis asÃ.
Ingredientes:1 presa de grelos, 1 allo porro, 1 pataca mediana, aceite de oliva virxe extra, requeixo, noces.
Elaboración:
Lavar os grelos e cortalos.Poñelos a ferver nunha tarteira con auga. Cando empecen a ferver tirar a auga e volver a poñer agua frÃa, facer que fervan outra vez, volver a tirar a auga e reservar os grelos.Lavar e picar o allo porro, poñelo nunha tartaira cun pouco de aceite e deixar que se faga a lume suave ata que empece a estar transparente.Pelar e cortar a pataca. Engadila á tarteira co allo porro, remexer e deixar que se fagan durante uns 5 minutos.Engadir os grelos á tarteira e botar auga ata cubrilos.Deixar cocer a lume suave ata que os grelos estean ben cocidos.Pasar a unha batedora e triturar. Engadir sal.Volver a quentar para servir.Poñer en cada prato un pouco de requeixo e noces.
Dificultade: Moi fácil.
Tempo aproximado: 1 hora.
Alérxenos:
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Não faça essas receitas de almoço se você tem colesterol alto
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )
Como montar café da manhã na cama para esposa
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )