Crema de cenorias caramelizadas e ras el hanout
Despois das festas o mellor é pasarse a receitas lixeiras e sanas. Esta crema de cenorias caramelizadas é moi, moi fácil e está chea de sabor. Botei un chisco de bicarbonato sódico as cenorias porque mantén o pH alto e facilita a caramelización, a idea atopeina no libro Modernist Cuisine.
A crema leva a mestura de especias ras el hanout, de orixe marroquÃ, que normalmente inclúe: pimenta negra, comino, cardamomo, noz moscada,canela, pimento, xenxibre, pero que cada persoa fai ao seu gusto puidendo levar outras herbas e especias.
Ingredientes:1 kg de cenorias, aceite de oliva virxe extra, media culleriña de bicarbonato de sodio, sal, pementa negra, ras el hanout.
Elaboración:
Pelar as cenorias e cortarlas en anacos de aproximadamente 2 cm.Poñer a metade das cenorias nunha tarteira, engadir un pouco de aceite e o bicarbonato. Oñer ao lume suave e deixar que se cociñen ata que as cenorias estean carmelizadas.O resto das das cenorias cocelas ao vapor.Cando todas as cenorias estean feitas mesturalas nunha tarteira ao lume e engadirlles auga.Engadir as especias e o sal ao gusto, deixar ferver uns 5 minutos e triturar para obter a crema.Pode servirse cun chisco de iogur ou nata.
Dificultade: Fácil.
Tempo: 1 hora.
Alérxenos: Se non se acompaña de lácteos non ten.
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
5 receitas do tiktok para fazer no dia das mães e arrasar
10-05-2024 04:40 - (
receitas gerais )
Essa receita de bolo que leva tapioca vai ganhar sua mãe ao provar
10-05-2024 04:40 - (
receitas gerais )