Cogomelos guisados con noodles
Cada vez máis prefiro comer pratos vexetarianos. Os cogomelos son unha boa opción para variar a dieta. Esta receita é moi fácil e os cogomelos quedan moi saborosos, acompañeinos con noodles, pero poden facerse con arroz, con pasta ou con ovos.
Ingredientes:500 g de cogomelos variados, dúas cenorias, 1 cebola mediana, 1 dente de allo, un anaco de 2 cm de xenxibre, 4 pementos do "piquillo", perexil, cilantro, aceite de oliva virxe, pementa, pemento picante, curry, sal, anacardos.
Elaboración:
Picar o allo e o xenxibre.Poner nunha tixola dúas culleres de aceite, cando este quente engadir o allo e o cilantro.Despois de 2 minutos engadir a cebola picada en anacos pequenos, os pementos picados en ancacos pequenos e as cenorias, tamén en anacos pequenos.Cando a cebola estea transparente engadir os cogomelos en anacos, remexer.Engadir a pementa o pemento picante, o curry e o sal, cando os cogomelos estean medio feitos.Deixar facer uns 20 minutos.Torrar os anacrdor nunha tixola e reservarPreparar os noodles segundo as instruccións dos paquete.Servir os noodles e botar por enriba os cogomelos guisados. Engadir anacardos tostados e cilantro ao gusto.
Dificultade: Moi fácil
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos:
...
Fonte de notÃcias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Não faça essas receitas de almoço se você tem colesterol alto
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )
Como montar café da manhã na cama para esposa
19-05-2024 04:41 - (
receitas gerais )