Cochinita pibil "sous vide"

Como me gusta a cociña mexicana! e un dos meus pratos preferidos é a cochinita pibil. Xa tentei facela noutras ocasións utilizando o forno pero sempre me quedou seca, así que decidín probar a facela ao baleiro a baixa temperatura. Creo que quedou moi rica, a próxima vez que a faga probarei a cociñala menos tempo porque me parece que estaba feita un pouco de máis, de todos os xeitos quedou moi zumenta. Se non se pode facer a baixa temperatura o tempo recomendado para facer a receita ao forno é dunhas tres horas e hai que tapar a carne, e a mariñada, con papel de aluminio.
Unha das cousas que máis me gustan dos acompañamentos deste prato é a cebola morada encurtida, da que poñerei a receita proximamente.
Ingredientes:1 kg de lombo de porco, 70 g de pasta de achiote, 60 g de vinagre de viño branco, 60 g de zume de limón, 125 g de zume de laranxa, media culler de pementa negra, un cuarto de culler de canela moída, un cuarto de culler de comiño en po, 1 culler de aceite de oliva, 4 dentes de allo, 1 folla de loureiro, un cuarto de culler de sal. Ademais para acompañar: Tortiñas de millo, aguacate, cilantro e cebola morada encurtida.
Elaboración:
Poñer todos os ingredientes, agás o lombo de porco e a folla de loureiro, na batedora. Bater ata ter unha mestura un pouco espesa.Cortar o lombo en anacos grandes, poñelos nun recipiente e cubrilos coa mestura anterior. Engadir o loureiro. Tapar o recipiente con film e meter na neveira durante o ma...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )