Cebola morada encurtida

Como xa puxen na receita de cochinita pibil , este é o acompañamento que máis me gusta. É unha receita moi fácil de facer e aguanta bastante na neveira, poden envasarse ao baleiro para telas dispoñibles en calquera momento. As cebolas encurtidas acompañan moi ben a carne e o friame.
Utilicei chiles jalapeños en escabeche porque son os únicos que podo conseguir, danlle un puntiño picante que está moi ben, a quen lle guste moito o picante pode engadir máis. Para picar os chiles é mellor poñer luvas porque se non, aínda que laves moito as mans, quedaran restos de picante e haberá que ter coidado de non tocar os ollos, a boca, etc...
Ingredientes:4 cebolas, 400 g de auga 150 g de vinagre, pementa negra, 2 chiles jalapeños en escabeche, media culler de sal.
Elaboración:
Pelar as cebolas e cortalas en anacos moi finos, mellor usar unha mandolina.Poñer auga a ferver e escaldar a cebola durante un par de minutos.Tirar a auga e reservar a cebola.Mesturar os 400 g de auga o vinagre e o sal.Botar a cebola na mestura. Engadir a pementa ao gusto.Picar os chiles en anacos moi pequenos.Engadir os chiles.Deixar a cebolas repousando, polo menos dúas horas, antes de consumilas.Estarán máis ricas canto máis tempo leven repousando. Aguantan ben na neveira. Tamén podenenvasarse ao baleiro.
Dificultade: Facilísima.
Tempo aproximado: 30 minutos.
Alérxenos: Non contén.
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )