Bombóns de caramelo ao chocolate
Estes Reis regaláronme o libro "Enciclopedia del Chocolate" (Editorial Blume) de "École du grand chocolat Valrhona" e faltábame tempo para probar algunha das receitas. Escollín esta para empezar porque pareceume fácil. Hai que ter moito coidade cando engadimos a nata ao caramelo xa que pode saltar, polo demás non ten moita dificultade. Os bombóns quedan moi ricos e non moi empalagosos, o chocolate negro contrarresta moi ben a cantidade de azucre que levan.
Ingredientes:250 g de azucre, 15 g de mel, 15 g de manteiga, 250 ml de nata para montar, 150 g de chocolate do 70% un chisco de sal.
Elaboración:
Poñer o azucre e o mel nunha tarteira a lume suave ata que caramelice.Quentar a nata co chisco de sal.Cando o azucre e o mel estean caramelizados engadir pouco a pouco, con moito coidado, a nata quente. Remexer e manter ao lume.Fundir o chocolate no microndas, quentando de 30 en 30 segunto e remexendo cada vez ata que estea totalmente fundido.Quentar o caramelo coa nata ata 115ºC e botar a mestura enriba do chocolate fundido. Remexer ata ter unha mestura homoxénea.Engadir a manteiga en cubiños e remexer ata que estea integrada.Poñer a mestura en pequenos moldes de silicona e deixar na neveira ata que os bombóns estea un pouco duros.
Dificultade: Media
Tempo aporximado: 45 minutos
Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Frutas que controlam o colesterol + ideias de receitas para fazer
29-04-2024 04:29 - (
receitas gerais )
Como limpar mancha de café de roupa clara: sem estresse
29-04-2024 04:29 - (
receitas gerais )