Biscoitos de soletilla

Estes biscoito son moi lixeiros e esponxosos. Só levan tres ingredientes e son moi fáciles de elaborar. Nesta receita é imprescindible peneirar o amidón se non formaranse grumos na masa. Son os biscoitos que se utilizan para o tiramisú pero con esta mesma receita pódense elaborar biscoitos para outras tortas.
Ingredientes:2 ovos50 g de amidón de millo50 g de azucreAzucre glas
Elaboración:Quentar o forno a 190ºCSeparar as claras das xemas.Bater as claras ao punto de neve engadindo o azucre aos poucos. Bater ata que as claras estean ben montadas.Engadir as xemas e bater rápido non moito tempo.Engadir o amidón de millo despois de peneiralo, mesturalo suavemente para que as claras non baixen.Poñer a mestura nunha manga pasteleira.Facer as formas dos biscoitos sobre a bandexa do forno cuberta con papel sulfurizado.Botar azucre glas por enriba dos biscoitos e deixalos repousar 2 ou 3 minutos.Volver a botar azucre glas.Metelos no forno uns 10 minutos.
Dificultade: FácilTempo aproximado: 30 minutos.Alérxenos:
...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Bolo de Tabuleiro de Abóbora com Especiarias
30-10-2024 03:08 - (
receitas gerais )