"Tatín" de patacas e tomate
Volvo ás receitas de Yotam Ottolenghi, en concreto do seu libro "El gourmet vexetariano". Esta é unha receita que quería facer dende hai tempo pero cando atopaba patacas do tamaño axeitado non tiña tempo e cando o tiña non había patacas pequenas. Por fin puiden facela e aquí está o resultado.
Ingredientes:200 g de tomates "cherry" , 500 g de patacas moi pequenas, 1 cebola, 150 g de queixo de cabra fresco, 10 g de manteiga, 40 g de azucre, aceite de oliva virxe extra, ourego, sal e pementa negra moída, unha lámina de masa follada sen glute.
Elaboración:
Cortar os tomates pola metade e poñelo nunha bandexa do forno cuberta con papel sulfurizado.Botarlles sal, pementa e un pouquiño de aceite.Meter a bandexa no forno a 130ºC durante 45 minutos.Lavar as patacas e poñelas a cocer, coa pel, en auga salgada uns 25 minutos.Cando estean cocidaaas deixar arrefriar, cortar as puntas e despois cortalas en toros duns 2 cm.Cortar en xuliana a cebola e pochala nunha tixola cun poquiño de aceite e sal.Poñer nun cazo a manteiga e o azucre. Quentar a lume suave ata ter un xarope escuro.Forrar con papel sulfurizado o fondo dun molde duns 22 cm de diámetro. Untar cun pouco de aceite e repartir o xarope pola superficie.Colocar os anacos de patacas cubrindo a superficie do molde.Nos ocos que quedan entre as patacas meter os tomates e a cebola. Botar un pouco de ourego por enriba.Cortar o queixo en láminas finas e cubrir as verduras.Cubrir coa lámina de...
Fonte de notícias:
receitas para todos os dias
URL :
http://receitasparatodososdias.blogspot.com/
-------------------------------- |
|
Frutas que controlam o colesterol + ideias de receitas para fazer
29-04-2024 04:29 - (
receitas gerais )
Como limpar mancha de café de roupa clara: sem estresse
29-04-2024 04:29 - (
receitas gerais )